Todolodeportivo.es

Vivimos el deporte.

Running y Atletismo

Corre x Salceda – Edición Virtual contra el Coronavirus.

Del 3 al 10 de mayo podrás correr, saltar, entrenar, bailar , subir escaleras y enviar tu vídeo.

Cartel oficial – Edición Virtual CorrexSalceda

Documento Oficial de normas de participación de Edición Virtual de Corre x Salceda.

REGULAMENTO E INFORMACIÓN DA EDICIÓN VIRTUAL DA “CORREXSALCEDA” CONTRA O CORONAVIRUS

A carreira popular CorreXsalceda organízase no Concello de Salceda de Caselas o primeiro domingo de maio de cada ano sendo unha carreira sen ánimo de lucro.

Este ano por mor do estado de alarma a causa da pandemia do covid-19, tivemos que aprazar a proba presencial ata que as autoridades o permitan, e desde as EDM Salceda decidimos coa axuda do Concello de Salceda e os clubs de Salceda de Caselas, CLUB BALONCESTO CASELAS, CLUB BALONMÁN CASELAS, CASELAS FÚTBOL CLUB, CLUB XADREZ ALTAMIRA, CLUB CICLISTA ARAGONTA E ESCOLAS DE FÚTBOL DENIS SUÁREZ, organizar unha proba virtúal deportivo-solidaria para recadar fondos para o Programa de Alimentos do Concello de Salceda  de Caselas destinados íntegramente a mitigar os efectos da pandemia do covid-19.

A continuación explicaremos como se pode colaborar e/ou participar.

1.- Como se participa?

Queremos mirarte facer actividade física, da igual a que sexa, o importante e que a realices. Podes correr, subir escaleiras, bailar, facer sentadillas, pesas con obxectos da casa, pedalear, etc…  A intención é axudar.

Sube a túa historia ó facebook e menciónanos en https://www.facebook.com/Corre-X-Salceda-Edición-Virtual-106644867693942  Da igual a hora ou o día, tés desde o día 3 de maio ó domingo día 10 de maio as 14 h para subir unha historia, fotos ou vídeos facendo actividade física e tamén como non os comentarios de ánimo tamén valen. Os vídeos deben ser de un máximo de 1 minutos e so 1 por actividade, fotos as que queirades.

Podes realizar a actividade deportiva de xeito individual, en familia, coa túa mascota, etc. Non hai distancias nin tempos, ti decides.

Usa o hashtag #DeporteNacasa

Reta as túas amizades a que se sumen a esta causa. Con pequenos xestos, facemos grandes cousas.

2.-  Onde o fago?

Sempre na casa, somos os número 1 do  #QuédateNaCasa

3.- Canto tempo teño que estar realizando a proba?

O tempo márcalo ti, queremos mirarvos en acción. Podes realizar a túa actividade calquera día desde o domingo 3 de maio ó domingo 10 de maio ás 14:00 h.

4.- Onde me inscribo?

Na páxina https://championchipnorte.com/ .

Tés toda a información da proba na páxina www.deportesalceda.gal e no Facebook https://www.facebook.com/Corre-X-Salceda-Edición-Virtual-106644867693942

5.- Canto custa inscribirse?

É un dorsal 100% solidario.

2€ inscrción básica por participante.

Tamén poderás elexir as seguintes opcións de doazón.  3€, 4€ ou 5€.

6.- Cal é o destino do recadado?

O Programa de Alimentos do Concello de Salceda de Caselas para mitigar os efectos da pandemia do covid-19.

7.- Cando podo participar?

Do 3 o 10 de maio as 14:00 h. O día 10 faremos unha conexión en directo con publicacións de consellos, música, sorpresas, etc…

8.- Haberá agasallos?

Si, quen se inscriba entrará nun sorteo, que se celebrará nesa conexión en directo do día 10, de diferentes agasallos: dorsais para carreiras, camisetas, etc.

Queremos que esta iniciativa sexa un pequeno estímulo para que vos manteñades en forma e que a vosa colaboración económica supoña unha gran axuda para as persoas mais afectadas por estas adversas circunstancias.

Colabora.  #DeporteNaCasa

DEJA UNA RESPUESTA

A %d blogueros les gusta esto: